A PASTA, SEMPRE NOS QUEDARÁ
Está claro que unha parte moi importante das nosas dietas é a pasta. E por moito que nos digan, seguirao sendo. Quizais o problema que teño eu, e supoño que moita xente máis, é que xa estou un pouco rallada dos spaghettis e dos macarróns con atún e salsa de tomate. Tiña que variar un pouco, pero tampouco me apetecía deixar a pasta, porque me gusta e porque custa pouco!
Sorprenderíaste se te paras a mirar no supermercado a pila de tipos de pasta que hai... sopa de letras, de estrelas, de aneis, cus-cús, lazos, lazos con vexetais, cintas rizadas, niños de spaghetti, niños de cinta, spaghettis a secas, tallaríns, plumas 1, plumas 2....e un largo etc que non sería quen de enumerar! O peor de todo isto é que debe de saber todo igual! Vaia historia...para que se farán tantas formas de pasta? Non sei.
O caso é que a toda esta pasta, ademais do típico, pódenselle botar outras cousas: por exemplo, a carne picada, que xa a traes lista do supermercado. So a tes que fritir, e listo. Con queixo para gratinar e salsa boloñesa tamén sabe ben. Que máis... pois con taquiños de xamón, con champiñóns, con pementos e cebola, con salchichas, con espinacas e cenoria, con mexillóns, con chipiróns, con albóndegas, con bacallau, perexil e cenoria... en fin, teríamos unha longa lista que podes condimentar con moitas salsas preparadas, ou mesmo feitas por ti, e variar moito o típico prato de macarróns. Supoño que aquí xa está a imaxinación e o gusto de cada un, non?
Se non che vai moito isto, sempre podes pasarte ós ravioli, tortellini, lasaña ou canelóns... que tamén hai moita variedade e están bastante bos! Proba.
visita a silvia para ver o postre de hoxe!

maly dijo
Estou de acordo contigo, a pasta sempre é algo moi socorrido. Que non se che ocorre nada para cociñar hoxe...mmmm... PASTA!!!Jajaja... Algo sumamente habitual entre os estudantes. Pero é o que dis ti, cun pouco de imaxinación e con botar un vistazo ó frigorífico, é raro que non encontres un montón de cousas que engadirlle á pasta para saírse do rutinario!! Encántame a túa páxina Iria. Je. Bon traballo!!
3 Mayo 2006 | 04:32