Publicidad:
La Coctelera

iriadevila

20 Abril 2006

TORTILLA, A DE SEMPRE

gústache a tortilla?
A min bastante, e debe de ser por iso que será por maneiras de tortilla que aprendín a facer... A verdade é que podes botarlle case de todo o que che guste sen gastares apenas 5 minutos máis. Ah! E outra cousa. Seguro que algunha vez che sobrou tortilla, e fría xa non che gusta tanto...pois amañándoa un pouco encontrarás a solución.

Empecemos polo principio: unha tortilla de patacas, a de sempre. En media hora podémola ter feita. Seguro que xa a sabes facer, pero por se acaso. So precisamos ovos, patacas, aceite, sal e cebola se queremos. O único que hai que facer é pelar e cortar as patacas en cachiños pequenos, botarlles unha présa de sal e poñelas a frixir (xunto coa cebola se se quere), pero non ata que estean como para comelas con carne ou algo así. Máis brandas. Bátense uns ovos, proporcionalmente ás patacas, que senón logo non hai maneira. Máis vale que vaian ovos de máis. Sen apagar o lume da sartén, sacamos coa espumadeira as patacas para a tarteira onde teñamos os ovos batidos e remexemos todo. Sacamos o aceite que nos quedou na sartén e aí mesmo botamos a mestura de ovo e patacas que fixemos. Unhas cantas voltas e tortilla lista.

Tortilla de pasta: proba a cambiar patacas por macarróns ou spaghettis cocidos nunha pota con sal e un pouquiño aceite. En lugar de facer a mestura con patacas, irá a pasta. Sempre gañarás algo de tempo porque a pasta faise en menos tempo do que che levaría pelar, cortar e frixir as patacas. Ti decides.

Tortilla de espinacas: se o que che gustan son as espinacas, so tes que combinar na mestura espinacas cocidas e as patacas. En lugar das espinacas, tamén podes poñer acelgas se o prefires. En 15 minutos como moito, terás cocido un taquiño dalgunha desta verdura conxelada e non significa tempo adicional, porque podes facelo mentres frites as patacas.

Tortilla con espárragos e chourizo: sabe moi ben se mesturas as patacas frixidas con cachiños de espárrago (se son de bote cortados directamente, e se son naturais hai que cocelos primeiro) e cachiños pequenos de chourizo.

Cando tes tortilla fría, o mellor que hai é primeiro, partila á metade, horizontalmente. A parte faise unha mestura de atún, maionesa, pauíños de cangrexo, tomates cortados en rodaxas moi finas e follas moi cortadas de leituga. Logo, colocas unha rodaxa de tomate (ou as que che caiban) na parte inferior da tortilla. Despois colocas o resto da mestura e tapas coa parte de enriba. Para facer algo de picar está xenial. Proba.

visita a silvia, a ver que postre aconsella hoxe

servido por iriadevila sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Me llamo Iria y vivo en Pontevedra (menos los fines de semana!). Estudio Publicidad y Relaciones Públicas; me encantan los idiomas, los temas de actualidad y todo lo que tenga que ver con los temas nacionales y culturales. mi dirección es iriadevila(arroba)wanadoo(punto)es

Fotos

iriadevila todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera